28 feb 2012

Vindeiras actividades na Cova...

http://bolezine.arkipelagos.net/

1 comentario:

  1. Obradoiro de produtos do fogar ECO-lóxico "faino-ti-mesm*"
    Sábado 3 de marzo a partir das 17:00h
    na Cova dos Ratos

    O próximo sábado 3 de marzo convidámoste a aprender con nós formas sinxelas e saudábeis de coidar o noso fogar. Trátase de receitas simples coas que poderemos facer a limpeza e mantemento de todos os espazos da casa ecoloxicamente.

    Neste obradoiro faremos:
    _lixivia caseira: a partir de cinza de lareira
    _xabón líquido: para empregar como lavalouza ou deterxente para a roupa
    _limpador multiusos: para azulexos, chans...
    ... e tamén veremos consellos para coidar a madeira, desentupir condutos, aromatizar cuartos, desinfectar, etc!

    Así, coñeceremos alternativas aos limpadores comerciais, cheos de substancias prexudiciais para nós e para o ambiente e cuxa fabricación implica, xa de por si, graves danos para todos os seres vivos. Facendo nós mesm*s, simplificando para conseguirmos vivir respectando a natureza.

    _ Non é necesaria inscrición.
    _ Poremos un bote para axudar cos custos deste obradoiro.

    Agardámoste!

    na Cova dos Ratos - R/ Romil nº 3 baixo - Vigo

    +INFO: http://cova.arkipelagos.net/
    http://bolezine.arkipelagos.net/
    * Se coñeces a alguén a quen poida interesar este correo, agradecémosche que o reenvíes.

    ResponderEliminar