8 feb 2012

 [Serra do Galiñeiro] Cartaz definitivo

 Mesa redonda sobre a Enerxía Eólica

...Eólicos de pequena potencia é usos complementarios dos recursos enerxéticos....



http://serradogalinheiro.wordpress.com/ 
....

Ola compañeir@s

Este é o cartaz definitivo da mesa redonda. Xa o podedes mover...

http://xa.yimg.com/kq/groups/16230949/878023674/name/Mesa+redonda+sobre+a+Enerx%C3%ADa+E%C3%B3lica+25-02-2012.pdf 
Saúdos

2 comentarios:

  1. Mesa redonda sobre a ENERXÍA EÓLICA


    Sábado, 25 de Febreiro de 2012:

    Lugar: Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado). Rúa Areal, 46, VIGO

    Horario: DE 17 h. a 20h. palestras e de 20h a 21h. mesa redonda.

    RELATORES:

    Charla: EMILIO MENÉNDEZ. Universidade Autónoma e Politéxnica de Madrid. – ENERXÍA EÖLICA EAVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL.
    Charla: DAMIÁN COPENA. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo - A ECONOMÍA DA ENERXÍA EÓLICA E SOBRE A GUÍA PARA PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POR PARQUES EÓLICOS.
    Charla: XOSÉ VEIRAS. Verdegaia - A IMPLANTACIÓN DA ENERXÍA EÓLICA EN GALICIA.
    Charla: MARIANO TOMÁS. Avtivista do movemento “Contra parques eólicos de Valencia” – A LOITA VALENCIANA CONTRA PROXECTOS DE ENERXÍA EÓLICA.
    Charla: IVÁN NOVOA. Técnico instalador de enerxías renovables – EÓLICOS DE PEQUENA POTENCIA E USOS COMPLEMENTARIOS DOS RECURSOS ENERXÉTICOS.
    Charla: PAULA VIDAL. Amigos da Terra - A EXPERIENCIA DO CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL “AS CORCERIZAS”.

    Comentario
    A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro ante a nova ampliación da Rede Natura 2000.
    Filed under: Uncategorized — Deixar un comentario
    Febreiro 7, 2012

    ResponderEliminar
  2. Gali_eiroLOGO
    A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro denuncia que unha vez máis O Galiñeiro queda fóra dos espazos a protexer, previstos na ampliación da Rede Natura 2000 que está a desenvolver a Xunta de Galicia. O colectivo, do que forma parte o IEM, adianta que presentará unha alegación ao documento “Borrador do Plan Director da Rede Natura 2000″, elaborado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Medio Rural), e actualmente sometido ao público ata o vindeiro mes de marzo.
    O devandito documento – borrador, pretende ampliar a superficie protexida de Galicia dende un 11% do territorio actual a un 16 %. Neste punto, a Plataforma entende que a ampliación “segue sendo insuficiente ante as prerrogativas europea que determinan protección para un 25 % do territorio dos Estados membros da Unión.”
    A non inclusión da Serra na Rede Natura 2000, fai que quede exposta ” a calquera agravio ambiental no presente e no futuro”, salienta a Plataforma. Neste senso, lémbrase que O Galiñeiro “alberga cinco hábitats de Interese Comunitario máis outro de Interese Comunitario Prioritario: turbeiras, carrasqueiras, vexetación de rochas silíceas etc. E non só os hábitats son de interese natural senón que a Serra dá acubillo a unha especie vexetal e nove animais que requiren protección estrita segundo as directrices europeas: son narcisos, anfibios, réptiles e morcegos. Para algunhas delas é preciso determinar zonas de especial conservación e outras requiren protección estrita.”
    Por estes motivos a Plataforma alega que a Serra do Galiñeiro debe ser incluída como Lugar de Interese Comunitario (LIC) dentro da normativa REDE NATURA 2000...

    ResponderEliminar