24 oct 2011

Curso de Recursos do rural como oportunidade de autoemprego


Ola a tod@s:
Dende o Sindicato Labrego Galego da comarca Pontevedra Sur temos posto en marcha un curso que leva por título  "Recursos do rural como oportunidade de autoemprego" o cal se vai a celebrar na parroquia de Reboreda (Edificio Municipal do Pazo de Pousadouro), concello de Redondela, dende o 25 de outubro ao 7 de novembro.
O curso pretende ser un conxunto de xornadas ou obradoiros introdutorios sobre distintos aproveitamentos do rural e entre eles apicultura, elaboración de viños, plantas medicinais e aromáticas, conservas e marmeladas, elaboración de queixos, sementes e visitas prácticas (axuntamos programa detallado e cartel, prégase difusión).
O curso está dirixido fundamentalmente a desempregad@s, a pesar de que, dependendo da ocupación das prazas, estará aberto a persoas en xeral interesadas na temática.
Para máis información ou para anotarse ao curso podedes contactar nos teléfonos abaixo indicados ou no email: baixominho@sindicatolabrego.com
Un cordial saúdo.

-SALVADOR MARTÍNEZ VALLADARES-
Responsábel comarcal SLG Pontevedra Sur
Mób. 669 808 417

Sedes Comarcais:
logocortado
Rúa Ramón Franco, Ed. Rosales (local D)
36770 - O ROSAL (PONTEVEDRA)
Tlf/Fax. +34 986 62 53 94
Rúa dos Amieiros nº 1 A, 1º C
36860 - PONTEAREAS (PONTEVEDRA)
Tlf/Fax. +34 986 64 15 08


No hay comentarios:

Publicar un comentario