20 jun 2014

XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS...

Cacheninh@s...









A Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena (Cachega) foi constituída o 12 de marzo de 1999 no Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense) con catro socios fundadores, todos do concello de Entrimo, de onde é orixinaria a raza. A partir dese momento foron integrándose na asociación numerosos gandeiros, ata chegar aos máis de 150 socios que ten na actualidade (ano 2012).
Os socios de Cachega traballan día a día para levar a raza ao lugar que lle corresponde como patrimonio xenético e cultural da nosa comunidade.
Cachega conta co recoñecemento oficial por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia como asociación responsable da xestión do Libro Xenealóxico da raza Cachena e do programa de conservación da raza.

Fins da Asociación:

  • Integrar a todos os criadores de raza Cachena interesados na conservación e mellora da raza.
  • Representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos criadores afiliados.
  • Exercer o control xenealóxico dos animais da raza.
  • Promocionar estudos de aspectos da raza para a definición de criterios zootécnicos que se consideren convenientes e pedirlle á Administración a regulación daqueles que pola súa competencia lle correspondan.
  • Organizar reunións científicas e de promoción da raza, así como a súa difusión a través de publicacións.
  • Colaborar coa Administración na constitución, conservación e mantemento do Banco de Xermoplasma.


XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)

Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos.
Na primeira xornada, venres13 xuño, trataremos temas importantísimos como a nova PAC, tema de actualidade,que nos vai a rexer a todos durante os próximos sete anos e será unha da primeira ponencia que se fará tras o remate da PAC/2014, tendo xa encima da mesa os temas xa máis avanzados para a PAC 2015/2020.
Estarán tamén presentes as enfermidades do gando, como o IBR, BVD, e a Paratuberculose,que son consultadas moitas veces ós nosos servizos veterinarios, contando nas ponencias cos mais expertos neses temas.
Na xornada do sábado 14 xuño, dous temas ligados á terra, ponencias que de seguro serán interesantes e amenas, sobre a realidade da distribución da terra en Galicia a cargo de F.Ónega,e outra de Luis, técnico e gandeiro que nos contará a súa experiencia práctica en alimentación con produtos feitos na  propia explotación e os custes asociados e como repercuten no rendemento do noso gando.Pola tarde, unha explotación de Ovella  Galega, que duns poucos animais pasa a ser unha das mellores explotacións, non so de Galicia senón de toda España, sendo a súa dona recoñecida por esta labor con premios estatais, demostrando que só se pode vivir do campo e da gandería con dignidade e asemade cun gran orgullo de selo.
Na xornada final, Domingo 15 xuño, a nosa Galiña de Mos, a primeira raza de galiña de España, será a protagonista,incidindo na alimentación das explotacións artesanais e dun novo produto estrela, a pularda de Galiña de Mos comparada con estirpes industriais
Máis información pinchando no seguinte enlace do programa adxunto:


Limiaga
Frieirega
Asovega
Avimós
Capriga
Caldega
Vianega
Cachena


uploads/9/news/doc-escaneado004.jpg

NOVA CITA GASTRONÓMICA

I FESTA DA CACHENA DE ESTEIRO
A Comunidade de Montes da Parroquia de Santa Mariña de Esteiro no concello de Muros,  vai a celebrar o próximo  día 28 de xuño unha xuntanza na que van a preparar entre outro tipo de ...
uploads/9/news/img_5685.jpg

SALIMAT COMERCIALIZARÁ CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)
Doce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o XVIII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT do 12 ao 15 de xuño de 2014.
uploads/9/news/tapirazas-2014.png

PRESENTACIÓN DUN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS, SALIMAT -SEMANA VERDE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)
Neste ano 2014 e dentro das actividades a celebrar do 12 ao 15 de xuño no XVIII Salón de Alimentación do Atlántico – Salimat, no pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda, dentro da 37ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA presenta por segundo ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción.
Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán o cociñeiro , e as Antonio Díaz Calvo (restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME)bodegas Fernández Rodriguez S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra).
Para descargar o menú pincha en: MENÚ TAPIRAZAS 2014

uploads/9/news/programa-xornadas-tecnicas-2014-silleda.png

XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX) NA SEMANA VERDE 2014

do 13 ao 15 de xuño de 2014. PAVILLÓN DE GANDERÍA, nº3 (O carón do Stand de BOAGA)
Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos.
Máis información descargando no seguinte enlace o programa adxunto: XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)
uploads/9/news/dsc_0084-2.jpg

PRESENCIA DA GALIÑA DE MOS NA SEMANA VERDE 2014

Do 12 ao 15 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia,  no recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). Existen moitas actividades e varias novidades, xa que tras o parón do ano pasado, volve o MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que xa vai pola súa sétima edición.
As actividades que se realizarán serán as seguintes:
1º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Este campionato estará dividido en dous certames no que as nosas aves poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual.

Máis información en AVIMÓS

uploads/9/news/marquesa-l.jpg

CONCURSOS MORFOLÓXICOS DA CACHENA E A VIANESA

Silleda, 12-15 xuño 2014
Este ano a Feira acolle os CONCURSOS MORFOLÓXICOS DA RAZA VIANESA (2º edición) e DA RAZA CACHENA (3ª edición). Tentamos con eles dar a coñecer, cada día mellor, as características típicas e propias de cada ...

Ler Máis »
uploads/9/news/dsc00114.jpg

I CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ

A MAIOR CONCENTRACIÓN DE CALDELÁS DOS ÚLTIMOS ANOS
No pavillón de gandería, coincidindo coa 37ª edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, imos a poder atopar reunidos un gran número de exemplares da raza. Os animais serán calificados por os xuíces a ...

Ler Máis »
uploads/9/news/festa-gastronomica-vilamarin-xuno-2014.png

I FESTA GASTRONÓMICA DA CARNE DE TENREIRA CACHENA EN VILAMARÍN-OURENSE

7 de xuño de 2014
O sábado 7 de xuño de 2014, celebrarase a I festa gastronómica da carne de tenreira Cachena no campo da festa de Pazos de Monte-Vilamarín (Ourense). O evento está organizado pola comisión de festas de Pazos en colaboración coa Asociación Agrogandeira “Delvezón” e o menú, elaborado por “Malé”, consistirá de empanada de carne, carne ó caldeiroe carne richada todo de raza Cachena, pan, viño e postre caseiro.


http://www.boaga.es/

1 comentario:

  1. Iván de Carballedo 648 088 753

    http://www.boaga.es/cachena/enlaces/

    Enlaces

    INSTITUCIÓNS
    WEBS DE CRIADORES

    Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
    Sistema Nacional de Información de Razas (ARCA)
    Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
    Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición
    Xunta de Galicia
    Consellería do Medio Rural e do Mar
    Oficina Virtual Agraria
    Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes)
    Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (FAO)
    Centro Tecnolóxico da Carne
    Sociedad Española de Recursos Genéticos Animales (Serga)
    Xenética Fontao

    ResponderEliminar