20 jun 2014

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia...


Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

As funcións que desenvolve o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG), están encamiñadas á conservación e á recuperación das Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia en perigo de extinción.
O centro mantén a maior explotación de gando vacún da provincia de Ourense. As actividades de recuperación do gando bovino (raza Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) estendéronse a outras especies cunha implicación do CRZG que varía segundo a especie da que se trate; dende a total adicación (galiña de Mos), gran adicación (ovella Galega), ou parcial (porco Celta, cabalo de Pura Raza Galega e razas caninas).
Funcións básicas
  • Rabaños fundacionais de morenas Galegas e galiña de Mos
  • Banco de xermoplasma (seme e embrións bovinos)
  • Colaboración na xestión dos libros xenealóxicos
  • Mantemento da diversidade xenética coa posta a disposición dos criadores de: sementais bovinos, seme e exemplares aviares.
  • Estudo e análise aplicativos de produción de razas
 Actuacións complementarias
O CRZA pretende lograr a maior difusión posíbel dos coñecementos acadados no seu ámbito, tanto a nivel profesional como educativo. É por isto que participa ou organiza unha serie de actividades:
  • Información a gandeiros interesados en colaborar na conservación das razas autóctonas.
  • Participación en congresos, conferencias, charlas e coloquios que soliciten a súa colaboración.
  • Atención ás visitas que fan ao Centro de Fontefiz diversos colectivos (universidade, institutos, colexios, cursos de formación gandeira e asociacións de criadores, entre outros).
Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia
Centro de Recursos
Zooxenéticos de Galicia
Pazo de Fontefiz
32152 - Coles Ourense
Teléfono: 988 205 402
Fax: 988 205 002

© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS

http://www.medioruralemar.xunta.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario