Cacheninh@s...
A Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena (Cachega) foi
constituída o 12 de marzo de 1999 no Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense)
con catro socios fundadores, todos do concello de Entrimo, de onde é
orixinaria a raza. A partir dese momento foron integrándose na
asociación numerosos gandeiros, ata chegar aos máis de 150 socios que
ten na actualidade (ano 2012).
Os socios de Cachega traballan día a día para levar a raza ao lugar que
lle corresponde como patrimonio xenético e cultural da nosa comunidade.
Cachega conta co recoñecemento oficial por parte da Consellería do
Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia como asociación responsable da
xestión do Libro Xenealóxico da raza Cachena e do programa de
conservación da raza.
Fins da Asociación:
-
Integrar a todos os criadores de raza Cachena interesados na conservación e mellora da raza.
-
Representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos criadores afiliados.
-
Exercer o control xenealóxico dos animais da raza.
-
Promocionar estudos de aspectos da raza para a definición de criterios
zootécnicos que se consideren convenientes e pedirlle á Administración a
regulación daqueles que pola súa competencia lle correspondan.
-
Organizar reunións científicas e de promoción da raza, así como a súa difusión a través de publicacións.
-
Colaborar coa Administración na constitución, conservación e mantemento do Banco de Xermoplasma.
XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)
Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana
Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia)
organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de
fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos
seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer
distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus
produtos.
Na primeira xornada, venres13 xuño,
trataremos temas importantísimos como a nova PAC, tema de
actualidade,que nos vai a rexer a todos durante os próximos sete anos e
será unha da primeira ponencia que se fará tras o remate da PAC/2014,
tendo xa encima da mesa os temas xa máis avanzados para a PAC 2015/2020.
Estarán tamén presentes as enfermidades do gando, como o IBR, BVD, e a
Paratuberculose,que son consultadas moitas veces ós nosos servizos
veterinarios, contando nas ponencias cos mais expertos neses temas.
Na xornada do sábado 14 xuño,
dous temas ligados á terra, ponencias que de seguro serán interesantes e
amenas, sobre a realidade da distribución da terra en Galicia a cargo
de F.Ónega,e outra de Luis, técnico e gandeiro que nos contará a súa
experiencia práctica en alimentación con produtos feitos na propia
explotación e os custes asociados e como repercuten no rendemento do
noso gando.Pola tarde, unha explotación de Ovella Galega, que duns
poucos animais pasa a ser unha das mellores explotacións, non so de
Galicia senón de toda España, sendo a súa dona recoñecida por esta labor
con premios estatais, demostrando que só se pode vivir do campo e da
gandería con dignidade e asemade cun gran orgullo de selo.
Na xornada final, Domingo 15 xuño,
a nosa Galiña de Mos, a primeira raza de galiña de España, será a
protagonista,incidindo na alimentación das explotacións artesanais e dun
novo produto estrela, a pularda de Galiña de Mos comparada con estirpes
industriais
Máis información pinchando no seguinte enlace do programa adxunto:
I FESTA DA CACHENA DE ESTEIRO
A
Comunidade de Montes da Parroquia de Santa Mariña de Esteiro no
concello de Muros, vai a celebrar o próximo día 28 de xuño unha
xuntanza na que van a preparar entre outro tipo de ...
DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)
Doce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións
integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA,
presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das
razas autóctonas galegas en perigo de extinción, no pavillón 1 da Feira
Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o
XVIII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT do 12 ao 15 de xuño de 2014.


do 13 ao 15 de xuño de 2014. PAVILLÓN DE GANDERÍA, nº3 (O carón do Stand de BOAGA)
Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana
Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia)
organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de
fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos
seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer
distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus
produtos.
Máis información descargando no seguinte enlace o programa adxunto:
XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)

Do 12 ao 15 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira
Internacional Semana Verde de Galicia, no recinto Feiral de Silleda
(Pontevedra). Existen moitas actividades e varias novidades, xa que tras
o parón do ano pasado, volve o MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que
xa vai pola súa sétima edición.
As actividades que se realizarán serán as seguintes:
1º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Este campionato estará dividido en dous certames no que as nosas aves
poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
Máis información en
AVIMÓS
Silleda, 12-15 xuño 2014
Este
ano a Feira acolle os CONCURSOS MORFOLÓXICOS DA RAZA VIANESA (2º
edición) e DA RAZA CACHENA (3ª edición). Tentamos con eles dar a
coñecer, cada día mellor, as características típicas e propias de cada
...
Ler Máis »
A MAIOR CONCENTRACIÓN DE CALDELÁS DOS ÚLTIMOS ANOS
No
pavillón de gandería, coincidindo coa 37ª edición da Feira
Internacional Semana Verde de Galicia, imos a poder atopar reunidos un
gran número de exemplares da raza. Os animais serán calificados por os
xuíces a ...
Ler Máis »
7 de xuño de 2014
O sábado 7 de xuño de 2014, celebrarase
a I festa gastronómica da carne de tenreira Cachena
no campo da festa de Pazos de Monte-Vilamarín (Ourense). O evento está
organizado pola comisión de festas de Pazos en colaboración coa
Asociación Agrogandeira
“Delvezón” e o menú, elaborado por
“Malé”, consistirá de
empanada de carne, carne ó caldeiroe carne richada todo de raza Cachena, pan, viño e postre caseiro.
http://www.boaga.es/