A
Permacultura propón
un proceso consciente de deseño ecolóxico da nosa vida e
comunidade, e entende os sistemas como un conxunto de interaccións
entre os elementos. A práctica da permacultura implica un cambio de
actitude frente á vida, priorizando a cooperación e a
identificación co resto das formas da natureza.
A ética
da Pemacultura céntrase en tres pilares
básicos:
- Coidado da Terra: Responsabilizarnos do mantemento da vida no planeta.
- Coidado das Persoas: Sendo solidarios e tolerantes cos demais.
- Repartir os recursos do planeta equitativamente e limitar o consumo: Reducindo a pegada ecolóxica de cada persona..
A
Permacultura implica interconectar todos os elementos dun sistema,
de forma que todos poidan beneficiarse e axudarse recíprocamente.
Os
principios de deseño da Permacultura
poden resumirse como:
- Observar e traballar coa natureza: deseñar para reflexar e traballar cos procesos naturais.
- Promocionar a diversidade: deseñar para manter e aumentar a diversidade.
- Desenrolar a sucesión: planificar cambios ao longo do tempo.
- Minimizar os riscos: distribuir os riscos a través da diversidade e realizando pequenos cambios con moita precaución.
- Multiplicar as función: maximizar o valor de uso.
- Crear relación beneficiosas: construir redes a través da cooperación.
- Empregar eficazmente os recursos locais: minimizar e empregar sabiamente os aportes da zona.
- Emprego de sistemas de avaliación: creando sistemas para o seguimento e a corrección de erros.
- Facer circular os recursos: maximizar a reciclaxe, minimizar os residuos e a contaminación, xestinando os recursos renovables.
Algunhos dos
principios de actitude
mais empregados son:
- O problema é a solución. Todo problema contén en si mesmo a súa solución.
- Traballar a favor da natureza e non na súa contra.
- Todo ten un efecto. Todo está conectado con todo e un pequeno cambio nun punto sempre ten un efecto nalgún outro punto.
- A base de todos os sistemas vivos e de supervivencia futura é a cooperación e non a competencia.
A
permacultura pódese aplicar a todos os ámbitos da experiencia
humana: dende a horta familiar aos asentamentos urbanos mais
poboados, dende granxas ata rexións enteiras.
ÉTICA
E DESEÑO DA PERMACULTURA
- OBSERVAR E INTERACTUAR
- CAPTAR E ALMACENAR ENERXÍA
- OBTER UN RENDEMENTO
- APLICAR AUTOREGULACIÓN E ACEPTAR RETROALIMENTACIÓN
- EMPREGAR E VALORIZAR OS SERVIZOS E RECURSOS HUMANOS
- NON PRODUCIR DESPERDICIOS
- DESEÑAR DENDE O XERAL AO PEQUENO
- INTEGRAR MAIS QUE SEGREGAR
- BUSCAR SOLUCIÓNS LENTAS E PEQUENAS
- FOMENTAR E APRECIAR A DIVERSIDADE
- VALORIZAR O MARXINAL
- RESPOSDER CREATIVAMENTE AO CAMBIO
- COIDAR DA TERRA, COIDAR DA XENTE E COMPARTIR EN IGUALDADE
PERMACULTURA
EIRAS DO MINHO
IVÁN NÓVOA
ALONSO 648-088753
eirasdominho.blogspot.com.es
permaculturaeirasdominho.blogspot.com.es
http://www.permaculturaintegral.org/
Permacultura
Eiras do Miño / Faceook
Permacultura
Eiras do Miño . Google +
http://fuentedepermacultura.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario