Osíxeno vs Dioxinaby rebecahermo |
Un final de ano non sería tal sen os premios Osíxeno e Dioxina que cada decembro entrega a asociación ecoloxista Adega para recoñecer as mellores e peores actuacións ambientais dos últimos doce meses e que hoxe se deron a coñecer en Santiago. A loita por preservar os nosos montes, duramente afectados polos lumes e o desenvolvemento industrial, foi premiado este ano co Osíxeno nas figuras de Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, e daPlataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro. O urbanismo insustentable e o esmorecer do rural galego reciben, pola súa banda, os premios de 'castigo' a través do alcalde de Barreiros, Alfonso Puente, e dos responsables políticos da Consellería de Medio Rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario