27 abr 2011

CURSO PRACTICO DE AGRICULTURA ECOLOXICA: Iniciación á Permacultura. o 30 de Abril e 1 de Maio na Casa dos Anxos en GONDOMAR


AGRICULTURA ECOLÓXICA
(Iniciación á Permacultura)

A agricultura ecolóxica (tamén chamada agricultura biolóxica) é un concepto diferente da actual agricultura industrial. Non é unha nova técnica agrícola nin é algo restrictivo ou retrógrado, nin é unha agricultura "convencional" pouco productiva e esgotadora dos solos.
Polo contrario, é creativa, científica e avanzada, e permite a solución dos graves problemas ambientais, sanitarios e sociais, producidos polo desequilibrio que supón a desaparición da verdadeira agricultura e dos labregos.
Ó non empregar agroquímicos, aforra diñeiro ó productor, que utiliza para a fertilización os subproductos da finca, có que evita ademais que contaminen. Aforro tamén individual e colectivo de maquinaria pesada e combustibles, e dos recursos e contaminacións conseguintes. Mellora a saúde dos productores e consumidores ó evitar pesticidas e outros productos tóxicos, e mellora a calidade alimentaria.
Conserva e amplía a variedade de plantas cultivadas que as labregas souberon empregar para mellorar solos e protexer as colleitas.
É ecoloxicamente beneficiosa, ó respectar as especies silvestres animais e vexetais que conviven o redor dos cultivos fomentando a biodiversidade. Non malgasta enerxía. Preserva a vida rural e a cultura labrega. É socialmente máis económica. Permite unha verdadeira seguridade e soberanía alimentaria. Impulsa a creación de postos de traballo. Devolve as labregas a xestión das súas terras, sen dependencias.
A eco-crisis é en gran parte unha consecuencia do xeito de consumir que temos en occidente. A permacultura impulsa a recoñecelo y facernos responsables de nosas accions e de noso planeta, e dar a volta a nosos hábitos de consumo e explotación para que poidamos recrear un mundo sen destrucción e contaminación onde todo o mundo poida disfrutar de ar limpo, auga doce, alimentos de boa calidade, traballo significativo e tempo libre. Donde poidamos reparar a terra e dirixir a sociedade cara unha mellor relación con o mundo natural do que todos somos unha parte....


Obxectivos:
1. Ensinar e demostrar que é doado cultivar a nosa propia comida sen ter que votarlle velenos, medicinas ou abonos de síntese e, polo tanto, sen poñer en risco a nosa propia saúde e a da nosa familia, nin a saúde das nosas terras, auga, animais e vexetais silvestres.
2. Recuperar as antigas formas de traballo da terra que permitan a autosuficiencia para o control de nosa propia alimentación.
3. Introducir os novos e imaxinativos conceptos da Permacultura
Dirixido a:
Calquera persoa interesada en cultivar a súa comida.


PROGRAMA:

Sábado 30 Abril mañá de 10:00h a 14:00h
Chegada a Casa dos Anxos
10:00h a 10:30h Presentación do curso
10:30h a 14:00h teoría e práctica na horta da Casa dos Anxos
¿Qué é a agricultura ecolóxica?
¿Como establecer unha horta ecolóxica?, factores a ter en conta
O Solo organismo vivo: técnicas de manexo
A nutrición das plantas: ¿porqué enferman?
Fertilización: proceso de compostaxe, purins, caldos,…
Diferentes formas de cultivo: bancales, bancales elevados, tablas, ollos de pechadura…

Sábado de 14:00 a 16:00h: Comida vegetariana na finca de A Pousa en Mañufe, moi preto da casa dos Anxos

Sábado tarde: o curso seguirá na finca de A Pousa
16:00h a 18:00h Mostraremos a horta ecolóxica da finca con explicación teóricas e prácticas de:
Laboreo do solo
Asociacions de cultivos
Rotacions de cultivos
Rego
Control de “malas herbas”
Métodos e tratamentos para a protección dos cultivos

18:00h a 19:00h. Sementaremos millo do país e trigo sarraceno
19:00h a 20:00h Proxección do video “Una granja para el futuro” de 50 minutos de duración e posteriores impresions

Domingo 1 de Maio mañá de 10:00h a 13:30h
Chegada a casa dos Anxos
Paseo pola finca para falar da Poda natural e fruticultura ecolóxica
Principios de Permacultura
Remate do curso e despedida


Domingo tarde (Opcional): Si hai xente interesada
Visita a diferentes fincas no concello de Gondomar onde se estan a aplicar os principios da Permacultura.
Cada quen traerá a comida para este día e comeremos xuntos nunha das fincas.


Profesorado:
Rede de Permacultura do Noroeste. Nodo Val Miñor


Prezo do curso:
80 €, inclue os apuntes do curso e a comida do Sábado.
Haberá unhas prazas reservadas para xente interesada no curso pero que non poida pagar con diñeiro, a forma de pago será en tempo de traballo, trueque…


Para mais información:
A Casa dos Anxos, Aspera nº3 Gondomar (Pontevedra). www.casadosanxos.com Teléfonos 986 360 638 ou 986 369 639, preguntade por Anni

No hay comentarios:

Publicar un comentario