Ola:
A Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro
acaba de apoiar oficialmente a iniciativa para a declaración de Parque
Natural do Monte Pindo. Tamén ofrecemos o noso apoio e axuda en función das
nosas posibilidades.
Van a preparar unha grande manifestación o
vindeiro 14 de abril a partir das 12:00h entre o Ézaro (Dumbría) e O Pindo
(Carnota) á que procuraremos asistir.
Saúdos.
Ola a tod@s,
A Asociación Galega de Apicultura - AGA apoia tamén á plataforma para declarar o Monte Pindo Parque Natural.
Un saúdo
Xosé Manuel
A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo "CÍES", si apoiomos á plataforma para declarar o monte Pindo parque natural.
O Club
de Montaña e Escalada Azimut apoia á plataforma para declarar
o monte Pindo parque natural.
Luis Arocas
Club
de Montaña e Escalada AzimutLuis Arocas
Por parte de Amigos da Terra evidentemente claro que si ao apoio á plataforma para declarar o monte Pindo parque natural.
Máis e máis apoios achegan a ansiada protección do Monte Pindo
Novamente espertamos coa adhesión de entidades sociais de todo tipo á causa xusta da protección e o desenvolvemento substentábel do Pedregal carnotán baixo a figura de Parque Natural. Logo da que os medios de comunicación bautizaron como "cascada de apoios" vivida na última semana, cada vez máis colectivos se poñen en contacto con nós para que saibamos que contamos coa súa colaboración.
Asociación de
Escritores en Lingua Galega (AELG)
Sen dúbida trátase dun apoio crucial do mundo da cultura galega, que avala que o Monte Pindo tamén forma parte do noso acervo cultural común. Por outra parte, a iniciativa de Miro Villar e Francisco X. Fernández Naval, membros de AELG e socios de Monte Pindo Parque Natural, xa leva compiladas máis de 40 poesías inéditas sobre o macizo carnotán, cuxa publicación verá a luz en breve.
Instituto
Universitario de Xeoloxía Parga Pondal
A asidua implicación do IUX Parga Pondal no Monte Pindo xa deixou os seus importantes froitos mediante estudos e analíticas de rochas do macizo, a publicación dunha tese doutoral sobre a intricada xeoloxía do Monte Pindo, á que axiña dedicaremos un artigo en profundidade, asi como varios descubrimentos que poden revolucionar os cimentos da xeoloxía moderna, e que mesmo subscitaron o interese da NASA, como son os depósitos macrobióticos ou espeleotemas presentes nas cavidades graníticas do Monte Pindo.
Clube
Espeleolóxico Maúxo
Foi este colectivo o que, acompañado polo profesor Vidal Romaní, descubriu nunha cova do Monte Pindo restos cerámicos de 6.000 anos de antigüidade, que demostraron que o Olimpo Celta tamén serviu de primitivo acobillo aos primeiros humanos que poboaron o noroeste peninsular. Un descubrimento sen precedentes, dado que os restos arqueolóxicos máis antigos que se coñecían no lugar apenas datan duns mil anos de antigüidade.
Plataforma en
defensa da Serra do Galiñeiro
A problemática da instalación de aeroxeradores a calquera prezo en lugares mesmo non aptos para a produción enerxética e só tendo en conta o nivel de oposición social fundamenta a denuncia deste colectivo unido en defensa dunha serra que ademais é a prolongación natural e xeográfica do Parque Natural do Monte Aloia, e a unidade paisaxística de máis valor do sur da provincia de Pontevedra.
Monte Pindo Parque Natural xa lles comunicou o respaldo á súa causa, e facemos propia a frase que usaron para transmitirnos o apoio: A vosa loita é a nosa loita.
Asociación
Sociocultural Motivos d'Aldea
Asociación Monte
Pindo Parque Natural
O Rabecho s/n,
15296 O Pindo (Carnota) A
CORUÑA
Boas tardes:
A
Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios, apoia a
iniciativa para a declaración de
Parque Natural do Monte Pindo.
Saúdos.
Bo día,A CMM de Vincios tamén apoia a declaración do Monte Pindo
como Parque Natural,
Saúdos
Comunidade Montes Vincios c.montes@vincios.org
Olas...
Permacultura Eiras do Miño apoia a iniciativa para a declaración de:
Parque Natural do Monte Pindo.
E tamén ofrecemos o noso apoio e axuda en función das nosas posibilidades...
Apertas
http://www.oei.es/decada/accion.php?accion=000
http://www.seas.es/areas/renovables?piloto=W15&utm_source=ecoticias.com&utm_medium=renovables&utm_campaign=banner
http://blog.seas.es/
http://www.unesco.org/new/en/unesco/
Bo día,
ResponderEliminarA CMM de Vincios tamén apoia a declaración do Monte Pindo como Parque Natural,
Saúdos
Comunidade Montes Vincios c.montes@vincios.org