2011/11/2 Iván Novoa Alonso <ivaney3@gmail.com>
Ola....Sí que estamos interesad@s en participar....--Matenerrnos informados.... para organizar lo que haga falta...Deicas2011/11/2 Cristina <crisdelacruz@hotmail.com>Por si es de vuestro interés ...
Inicio del mensaje reenviado:De: AMARANTE Setem <amarantesetem@amarantesetem.org>
Fecha: 1 de noviembre de 2011 22:49:22 GMT+01:00
Para: crisdelacruz@hotmail.com
Asunto: Encontro Social Galego
AMARANTE Setem desde a súa posición clara a favor da construcción de redes entre as organizacións e colectivos sociais apoia esta iniciativa.Convidamosvos a participar neste encontro. Atoparedes toda a información no blog http://facendoredes.wordpress.comPoñedevos en contacto co voso grupo local para organizar colectivamente a viaxe.Nota: co fin de conxugar a vida familiar coa militancia vai a haber unha ludoteca (confirmación previa d@s nen@s e das suas idades)
5-N: I ENCONTRO SOCIAL GALEGOColectivos e organizacións sociais celebran un encontro para a reflexión conxunta e a construción de redesLUGAR: OS TILOS. CONCELLO DE TEODATA: SABADO 5 de NOVEMBROHORARIO: De 10,30 a 21,00 horasReflexionar de xeito conxunto e crear redes que permitan mellorar a incidencia son dous dos motivos centrais polos que diversos colectivos e organizacións sociaisvanse reunir no I Encontro Social Galego.Ata o momento son 16 as organización que xa teñen anunciado o apoio a esta iniciativa: 15-M A Coruña / 15-M Monforte / 15-M Ourense / 15-M Pontevedra / 15-M Ribadeo / Amarante Setem / Coop 57 / Democracia Real Xa / Estado do Malestar / Foro Galego de Inmigración / Iniciativa BenComún / Mesas de Convergencia / Nova Escola Galega / Plataforma de Afectados pola Hipoteca / Seminario Galego de Educación pola Paz / Zocamiñoca Consumo ConscienteTratase dunha convocatoria plural e descentralizada onde teñen participado varios colectivos e que persigue xuntar nun mesmo foro os novos movementos sociais ( ONGs, culturais, ecoloxistas, feministas, consumo, sindicais, ... ) e os novísimos movementos xurdidos da indignación ( 15-M, DRX, Afectados polas hipotecas,... ).
O I Encontro Social Galego desenvolverase sobre unha estrutura de debates sobre 5 eixos que debaterán en diferentes grupos de traballo (de 11,00 a 14,00 horas) e posteriormente en plenario (de 16,00 a 19,00 horas)Estrutura dos debates· Eixo 1: Participación cidadá e rexeneración democráticaGrupos de traballo:· 1A – Partidos políticos, participación cidadá e goberno aberto· 1B – Como transformar o mundo desde a sociedade civil organizada· Eixo 2: Economía, facenda e cidadaníaGrupos de traballo:· 2A – Reforma da política de impostos· 2B – Consumo, sustentabilidade e alternativas económicas· Eixo 3: Dereitos sociais e benestarGrupos de traballo:· 3A – Piares do Estado de Benestar e dereitos civís: como mantelos, sostelos e amplialos· 3 B – Emprego, vivenda e territorio· Eixo 4: Comunicación e culturaGrupos de traballo:· 4A – Libre acceso, creación e difusión de cultura, arte e coñecemento· 4B – Comunicación como cimento da democracia: estado e propostas· Eixo 5: Accións, proxectos e mecanismos de coordinaciónGrupos de traballo:· 5A – Accións conxuntas de cara ao 15-O e proxectos comúns· 5B – Mecanismos de coordinación estable do movemento 15-M en GaliciaClausura: Mesa Redonda sobre participación e cidadaníaO I Encontro Social Galego pecharase ás 19,30 horas cunha mesa redonda sobre participación e cidadanía onde intervirán:- Xosé Manuel Beiras Torrado. Membro do Consello do Foro Social Mundial- Marilo Candedo Gunturiz. De Nova Escola Galega- David Rodríguez Rodríguez. De Iniciativa Ben Común- Outra persoa por confirmarPara + info:Contacto: encontrosocialgalego@gmail.comAsociación Galega AMARANTE Setem
Romero Donallo, 17
15706 COMPOSTELA
Telefax 881 978 705
www.amarantesetem.org
---------------------------------
ADVERTENCIA Este correo electrónico e, no seu caso, calquera ficheiro engadido a el contén información de carácter
confidencial exclusivamente dirixida á persoa destinataria. Queda prohibida a súa divulgación, copia ou distribución
a terceiros sen a previa autorización escrita de AMARANTE.
No caso de que reciba este correo electrónico por equivocación prégase que notifique inmediatamente esta circunstancia mediante o reenvío ao enderezo electrónico do remitente. De conformidade co estabelecido na LOPD AMARANTE garante a adopción das medidas necesarias para asegurar o tratamento confidencial dos datos de carácter persoal.
Has recibido este mensaje porque estás suscrito al grupo "eirasdominho" de Grupos de Google.
Para publicar una entrada en este grupo, envía un correo electrónico a eirasdominho@googlegroups.com.
Para anular tu suscripción a este grupo, envía un correo electrónico a eirasdominho+unsubscribe@googlegroups.com
Para tener acceso a más opciones, visita el grupo en http://groups.google.com/group/eirasdominho?hl=es.
No hay comentarios:
Publicar un comentario