A
Permacultura propón
un proceso consciente de deseño ecolóxico da nosa vida e
comunidade, e entende os sistemas como un conxunto de interaccións
entre os elementos. A práctica da permacultura implica un cambio de
actitude frente á vida, priorizando a cooperación e a
identificación co resto das formas da natureza.
A ética
da Pemacultura céntrase en tres pilares
básicos:
Coidado
da Terra: Responsabilizarnos do mantemento da vida no planeta.
Coidado
das Persoas: Sendo solidarios e tolerantes cos demais.
Repartir
os recursos do planeta equitativamente e limitar o consumo:
Reducindo a pegada ecolóxica de cada persona..
A
Permacultura implica interconectar todos os elementos dun sistema,
de forma que todos poidan beneficiarse e axudarse recíprocamente.
Os
principios de deseño da Permacultura
poden resumirse como:
Observar
e traballar coa natureza: deseñar para reflexar e traballar cos
procesos naturais.
Promocionar
a diversidade: deseñar para manter e aumentar a diversidade.
Desenrolar
a sucesión: planificar cambios ao longo do tempo.
Minimizar
os riscos: distribuir os riscos a través da diversidade e
realizando pequenos cambios con moita precaución.
Multiplicar
as función: maximizar o valor de uso.
Crear
relación beneficiosas: construir redes a través da cooperación.
Empregar
eficazmente os recursos locais: minimizar e empregar sabiamente os
aportes da zona.
Emprego
de sistemas de avaliación: creando sistemas para o seguimento e a
corrección de erros.
Facer
circular os recursos: maximizar a reciclaxe, minimizar os residuos e
a contaminación, xestinando os recursos renovables.
Algunhos dos
principios de actitude
mais empregados son:
O
problema é a solución. Todo problema contén en si mesmo a súa
solución.
Traballar
a favor da natureza e non na súa contra.
Todo
ten un efecto. Todo está conectado con todo e un pequeno cambio nun
punto sempre ten un efecto nalgún outro punto.
A base
de todos os sistemas vivos e de supervivencia futura é a
cooperación e non a competencia.
A
permacultura pódese aplicar a todos os ámbitos da experiencia
humana: dende a horta familiar aos asentamentos urbanos mais
poboados, dende granxas ata rexións enteiras.
ÉTICA
E DESEÑO DA PERMACULTURA
OBSERVAR
E INTERACTUAR
CAPTAR
E ALMACENAR ENERXÍA
OBTER
UN RENDEMENTO
APLICAR
AUTOREGULACIÓN E ACEPTAR RETROALIMENTACIÓN
EMPREGAR
E VALORIZAR OS SERVIZOS E RECURSOS HUMANOS
NON
PRODUCIR DESPERDICIOS
DESEÑAR
DENDE O XERAL AO PEQUENO
INTEGRAR
MAIS QUE SEGREGAR
BUSCAR
SOLUCIÓNS LENTAS E PEQUENAS
FOMENTAR
E APRECIAR A DIVERSIDADE
VALORIZAR
O MARXINAL
RESPOSDER
CREATIVAMENTE AO CAMBIO
COIDAR
DA TERRA, COIDAR DA XENTE E COMPARTIR EN IGUALDADE
PERMACULTURA
EIRAS DO MINHO
IVÁN NÓVOA
ALONSO 648-088753
eirasdominho.blogspot.com.es
permaculturaeirasdominho.blogspot.com.es
http://www.permaculturaintegral.org/
Permacultura
Eiras do Miño / Faceook
Permacultura
Eiras do Miño . Google +
http://fuentedepermacultura.org/